Os Reis Magos reparten os roscóns en Vilagarcía
Publicado o 05/01/2021 21:36
Collémolo en pleno repartimento, parada técnica en Vilagarcía para repoñer, ordenar, revisar que non falte ningún e en ruta...
E os Reis lévanlles roscóns, con ou sen glute, polvoróns e sorpresa incluída. Son días de moita trasfega...
No lugar de Corón, en Vilanova de Arousa, hai moita expectación... non só están de sorte porque lles leven o roscón á casa, senón porque llelo leva o seu rei mago favorito...
A maxia de Bembó segue en ruta. Nas casas da volta, tamén Gaspar e Baltasar. Todos reparten roscón e ilusión a partes iguais.