CRTVG

Buscar

Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos ingresados no CHUO

Publicado o 06/01/2020 14:12

Nun día tan máxico coma o de Reis os pequenos e pequenas hospitalizados non podían quedar sen ver as súas maxestades de Oriente. No hospital de Ourense puideron entrar pola ventá para repartir agasallos grazas aos bombeiros. Un momento moi especial para facerlle máis levadeiro o seu ingreso.

Tremenda sopresa levaron as nenas e os nenos hospitalizados no CHUO cando viron entrar pola ventá ao Reis Magos.

As súas maxestades de Oriente, co cansos que viñan, acadaron a terceira pranta do hospital materno infantil de Ourense grazas á axuda dos bombeiros.

Unha vez dentro, Baltasar, Melchor e Gaspar repartiron agarimos e presentes aos pequechos que nun día tan máxico coma o de Reis non puideron estar nas súas casas nin vendo as cabalgatas.

40 meniños están ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense entre escolares, lactantes, neonatos e os pacientes da UCI Pediátrica. Son uns pouquiños máis ca outros anos. De seguro que esta visita failles a súa doenza máis levadeira por un día. Un sorriso deles, hoxe, é o mellor agasallo de Reis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/01/2020