CRTVG

Buscar

Os Reis Magos máis madrugadores, o primeiro concello que visitaron foi Cualedro

Publicado o 05/01/2019 14:53

Día de maxia e ilusión. As súas maxestades de Oriente veñen cargadas non só de agasallos, tamén de bos desexos e emocións. As súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente madrugaron moito malia o frío intenso que vai hoxe.

Os Reis Magos percorreron a feira de Cualedro e tamén se achegaron á escola infantil.Tamén as mulleres e os homes da residencia de maiores de Cualedro puideron velos e mesmo botar unha peza coas súas maxestades.

Preparaivos cativos, que Melchor, Gaspar e Baltasar xa marcharon de Cualedro para continuar os percorridos por todas as vilas e cidades de Galicia.






 

Noticias web

05/01/2019