CRTVG

Buscar

Os reis inician a viaxe de Estado en Marrocos

Publicado o 13/02/2019 21:22

A viaxe dos reis a Marrocos será breve, de menos de trinta horas e chega despois de que o monarca alauita a adiara en varias ocasións. Esta é a primeira visita de Estado de Filipe VI a Marrocos, xa estivera en 2014, pero daquela era dentro da xira aos países veciños pola súa proclamación como rei.

Filipe VI e a raíña Letizia foron recibidos por Mohamed VI e a súa familia, como un xesto de proximidade entre as dúas casas reais. Só faltaba a súa muller. A princesa Lala Salma non aparece nun acto público desde hai máis dun ano, pero o seu divorcio segue sen confirmarse. Cada vez máis, o principe herdeiro, de 15 anos, ten un papel máis relevante na representación internacional do seu país.

Tras a cerimonia de benvida, en que tamén estivo o Goberno marroquí, os dous reis mantiveron un encontro en privado. A continuación reuníronse as delegacións dos dous países. Na de España están cinco ministros, o de Exteriores, Interior, Industria, Agricultura e Cultura. Tras o encontro firmaron acordos bilaterais de loita contra o crime organizado, de intercambio de exposicións culturais e tamén sobre enerxía. Marrocos está construíndo a que será a maior termocentral solar do mundo en que participan empresas españolas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019