CRTVG

Buscar

Os reis fan o posado tradicional en Marivent en compañía das princesas

Publicado o 04/08/2019 21:32

Como xa é tradición, o rei Filipe VI e a súa familia posaron hoxe para os medios dende o palacio de Marivent, en Mallorca. Chegaron o mércores pasado á capital balear, pero é a primeira imaxe da familia real ao completo.

Filipe recibirá o vindeiro mércores en Marivent o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, dentro do habitual despacho de verán, que nesta ocasión ten especial relevancia, ao estar pendente a investidura. Hoxe falou do bloqueo político para a investidura do presidente do país.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/08/2019