CRTVG

Buscar

A familia real visita Asiegu, o pobo exemplar asturiano

Publicado o 19/10/2019 13:27
A familia real visita Asiegu, o pobo exemplar asturiano

Os Reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía, visitan este sábado a localidade asturiana de Asiegu, galardoada como vila exemplar da comunidade no 2019. Trátase dunha pequena aldea do concello de Cabrales, situada no corazón dos Picos de Europa, e que foi distinguida polo seu modelo de desenvolvemento rural. No transcurso desta visita puideron comprobar a elaboración dos famosos queixos da rexión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí