CRTVG

Buscar

Os reis de España xa están en Palma de Mallorca

Publicado o 08/08/2020 09:46

Os reis de España están xa en Palma de Mallorca onde está previsto que pasen como cada verán uns días de vacacións. Na súa chegada ao Pazo de Marivent, deixáronse ver nun coche conducido por don Felipe. De copiloto, ía a princesa Leonor.
Todas as miradas estaban postas nesta primeira imaxe da familia Real desde que se coñeceu a marcha de Xoan Carlos I ao estranxeiro. Don Filipe, dona Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía permanecerán dez días no arquipélago. Na axenda non figura o tradicional posado ante os medios pero si o despacho con Pedro Sánchez, que será o mércores
 

Noticias web

08/08/2020