CRTVG

Buscar

Os Reis de España presiden en Compostela a tradicional Ofrenda ao Apóstolo

Publicado o 25/07/2020 09:47

Este ano 2020, a Ofrenda ao Apóstolo Santiago celébrase en San Martiño Pinario por mor das obras na catedral. Televisión de Galicia ofrecerá en directo os actos a partir das 10:50 no programa A Revista Fin de Semana que tamén se emite na programación que realiza para Europa e América, e a través da páxina web da CRTVG.

Aínda que o espírito da Ofrenda será o mesmo, nesta ocasión, a celebración virá marcada por moitos cambios. Entre eles, a localización, xa que volverá desprazarse á Igrexa de San Martiño Pinario por mor das obras da Catedral.

Tamén os aforamentos estarán afectados e imperará a distancia de seguridade mesmo para os curiosos que o sábado queiran achegase á zona vella de Santiago para saudar ás súas maxestades.