CRTVG

Buscar

Os Reis Magos chegaron por mar e comezan a súa andaina en Galicia por Camariñas

Publicado o 05/01/2020 15:12

Camariñas foi unha das primeiras vilas galegas en recibir a visita das súas Maxestades de Oriente, e tratándose da Costa da Morte os Reis chegaron por mar no buque de Salvamento Salvamar Altair. Foron recibidos a pé de peirao por unha chea de cativos e pais ao son das gaitas.

Os Reis atoparon a mar en calma e veñen contentos e ilusionados a repartiren todos os agasallos que traen- Ademais pola mañá estaban aínda moi descansados e atenderon con calma aos nenos e mesmo nos deixaron montar no vehículo polo que se moveron por toda a localidade. Para os nenos foi unha experiencia inesquecible, ir canda os Reis, poderlles dicir de viva voz que regalos queren ou simplemente compartir con eles tempo e música.

En vilas como esta sorprende moito o gran esforzo que están a facer os Reis este ano xa que están empregando case todos os medios de locomoción para achegarse a Galica desde o avión onte ata o barco hoxe, aínda que o máis previsible é que esta noite garden a tradición en veñan sobre camelos cando os nenos estean durmidos.


 

Noticias web

05/01/2020