CRTVG

Buscar

Os refachos de "Cecilia" provocan situacións perigosas na Coruña

Publicado o 16/11/2019 20:37

A calma retornou tamén ás zonas costeiras. Só na cidade da Coruña o temporal deixou un cento de incidencias e situacións de perigo nalgúns puntos moi concretos, como a intersección entre dúas rúas de Riazor.

O vento manda na intersección entre a rúa Riazor e a avenida Rubine. Dirixe os movementos dos que ousan atravesar o paso de peóns, convida os máis prudentes a buscar camiños alternativos. A borrasca "Cecilia" deixou refachos de máis de cen quilómetros por hora e situacións perigosas no recuncho máis ventoso da Coruña.

"Nesta esquina non sei se é que se xuntan correntes de vento, pero cando hai temporal aquí nótase un montón". "Moito vento, vén de dúas frontes e entón hai que ter precaución", comentan na zona.

Nas dúas horas máis crúas da borrasca, tres ambulancias atenderon nesta rúa varias persoas derrotadas polo vento. "A xente da farmacia é nós tivemos que saír para axudar persoas que se agochaban entre os coches".

Non foi o único punto da cidade onde a ventosa "Cecilia" gañou a batalla. A zona de Riazor foi a máis castigada por un temporal que causou preto de cen incidencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019