CRTVG

Buscar

Os refachos chegan aos 146 quilómetros por hora na Mariña

Publicado o 14/01/2020 15:06

Toda a comarca da Mariña Lucense permanece en aviso laranxa por forte vento. Agardábanse refachos de máis de 100 quilómetros por hora pero en Viveiro mesmo superaron os 146. Foi no alto de Penedo do Galo, a uns 500 metros de altitude, pero no centro da vila, case ao nivel do mar, a situación tamén era complicada.

Ante os avisos por vento, a comunidade educativa suspendeu as actividades ao aire libre e pechou ao público un parque da zona de Covas por precaución.

Hai aviso tamén de mar combinado con fortes refachos de vento e ondas de máis de cinco metros pero aínda así a maior parte da frota de Celeiro saíu traballar.

O aviso laranxa na Mariña manterase activo durante toda a xornada e de madrugada mesmo podería empeorar coa chegada da chuvia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020