CRTVG

Buscar

Os rastrexadores militares, preparados para actuar en Galicia

Publicado o 24/09/2020 08:34

Ás 12:30 deste mediodía, o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitará a base militar Xeneral Morillo, en Pontevedra, para supervisar a posta en marcha dos rastrexadores da Unidade de Vixiancia Epidemiolóxica da Brilat en Galicia.

Un mes despois de que o Presidente Sánchez ofrecese a axuda de dous mil militares para este cometido, xa están operativos en Valencia, Castela-León, Madrid ou Murcia, pero aínda non en Galicia. Segundo o Ministerio de Defensa, aquí están en fase de integración técnica. 

Na base de Pontevedra estanse preparando uns 130 profesionais para axudar aos rastrexadores do SERGAS. Tamén se están formando militares na Escola Naval de Marín e no Arsenal de Ferrol. Parece ser que empezarán a traballar sobre o terreo a finais de mes. Esperemos saber algo máis ao longo desta mañá.

Noticias web

24/09/2020