CRTVG

Buscar

Os rañeiros retoman o traballo nas principais zonas de marisqueo da ría de Arousa

Publicado o 28/01/2019 14:19

 Comezou en outubro e en marzo vai rematar a campaña anual nas zonas de libre marisqueo nos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío. Ata o momento os resultados non acompañan. Algo que éra de esperar.

O único que se está sacando máis ameixa xapónica. O que é a fina mais o berberecho, sobre todo berberecho que é a especie principal dos lombos está desaparecida. Hai moita cría pero chega e ese tamaño e morre. Despois o que é o Bohído está baixo mínimos e Cabío. Son zonas que non sabemos porque motivo, non sabemos se porque os desoves non agarraron ou non sabemos porqué, están caendo en picado.

Teñen un plan de explotación para estas zonas co obxectivo de recuperalas, principalmente na súa produción de berberecho. Unha recuperación sen un final certo.

 Xa había tres zonas que tíñamos delimitadas tanto para labrados como para un dragado. Queríamos o dragado dos canais dos Lombos do Ulla, que segundo a Consellería dicíannos que non eran viables como daban os estudos, que así producirían igual, estamos vendo que non. O que sí da mais xapónica pero coa xapónica só non é a especie principal dese banco. E despois temos tres labrados previstos tanto para Bohío como para Cabío.

As seis confrarías que forman a Asociación Rañeiros da Ría que xestionan estes bancos libres, Rianxo, A Pobra, A Illa, Vilanova, Cambados e O Grove chaman á integración das seis restantes; Carril, Vilaxoán, Cabo de Cruz, Ribeira, Aguiño e Palmeira.

Non imos atrancar a ninguén para que poida ir ao mar. Ao contrario imos facilitarlle a todo o mundo a incorporación a Rañeiros e intentar levar esto entre todos porque ao fin e ao cabo vivimos desto. Non é normal que nos enfrentemos uns a outros por un anaco de terreo camndo imos todos traballar a el.

O ano pasado da ría de Arousa sairon máis de 34.000 toneladas de productos pesqueiros que deron unha facturación duns 92 millóns de euros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019