CRTVG

Buscar

Os quintos premios reparten pequenas cantidades en varias administracións galegas

Publicado o 22/12/2020 11:18

Cun sorteo en que os grandes premios non quixeron ser madrugadores, os quintos son os que foron alterando a evolución do sorteo e en Galicia deixaron algunha pequena cantidade.

• Ás 9:17 saía o 86.986. Este repartía premio en moitas administracións. Este número vendeuse na Coruña, Vigo, Oleiros A Peroxa, O Porriño, Bergondo, Noia, Carballo, Castro de Rei, Becerreá, O Carballiño, Caldas de Reis, Ponte Caldelas e Mos. En moitos casos venderon un décimo ou dous, pero na administración da Barreira da Coruña venderon unha serie completa, que deixaba premio de 60.000 euros.

• Tres minutos despois saía o 37.023 que deixaba premio nunha administración compostelá, situada na Porta Faxeira, que vendeu unha serie completa. En total, 60.000 euros.

• Outro dos quintos, o 19.371, saía ás 10:43. Este deixaba outro premio de 60.000 euros en Lourenzá, onde venderon unha serie completa na administración A faba de ouro.

• Finalmente, ás 13:34 saía o último dos quintos premios. Foi para o 43.831. Tocou en Lugo e Ourense, onde se vendeu unha serie. E tamén en Meis, Ponteareas, na Coruña, en Teo, no Carballiño, en Moraña e en Pontevedra.