CRTVG

Buscar

Os quince alcaldes da Mariña de Lugo súmanse ás reivindicacións dos traballadores de Alcoa

Publicado o 02/10/2019 15:11

Os quince alcaldes da Mariña de Lugo súmanse ás reivindicacións dos traballadores de Alcoa. Están en perigo 2.000 postos de traballo na zona, entre directos e indirectos. Piden medidas do Goberno central para abaratar a factura da luz da empresa, que agora supón o 40% dos custos.

Cada dous mércores haberá unha concentración diante dun dos concellos afectados, empezando polo de Xove. O comité pide tamén o apoio dos comerciantes. A multinacional xa apagou unha trintena de cubas e o futuro da planta é incerto.

Noticias web

02/10/2019