CRTVG

Buscar

Saltan o confinamento para roubar, traficar con drogas ou celebrar festas

Publicado o 28/04/2020 14:34

En Barcelona dous homes ingresan en prisión por romper ata 39 veces o confinamento e cometer varios roubos durante o estado de alarma. Os dous homes, de orixe bosníaca, acumulan medio cento de detencións. Entre os roubos que se lles imputan está o dun vehículo dun concesionario que logo empregaron para roubar a recadación dunha das cabinas da autoestrada. A investigación desvelou que se movían por toda a comunidade. A investigación segue aberta e non se descartan máis detencións.

En Madrid cinco mozos foron detidos cando estaban a celebrar unha festa, ao ser requiridos polos axentes responderon con violencia contra eles resultando os axente feridos leves.

Noutra operación, en Córdoba, a Garda Civil interviulle a un mozo de 27 anos máis de 260 paquetes de tabaco que vendía sen autorización en establecementos de alimentacion. Tamen en Córdoba foi detido un home de 45 anos con cinco quilos de haxix.

Saltou o confinamento, foi ata o monte Moncayo e colgouno nas redes. A Garda Civil xa detivo a este veciño de Zaragoza.

En Zamora a Garda Civil en colaboración coa Cruz Vermella asistiu varias mulleres recluídas nun club de alterne dende que comezou o estado de alarma. As mulleres estaban nunha situación precaria, case sen alimentos e sen produtos de hixiene básica.

Noticias web

28/04/2020