Os que preparan oposicións viven un confinamento especialmente duro
As oposicións adoitan ser sinónimo de estudo intensivo, estrés e pouco tempo. O confinamento obrigatorio engade un plus de presión.
Javier González, prepara oposicións a educación secundaria: "Non podemos ir á biblioteca nin saír airearnos".
Lucía Noya, oposita para educación infantil: "Despois de vinte días, está sendo bastante duro. A concentración non é a mesma, a cabeza dá voltas e non dormes coa preocupación e a angustia. Non poder saír á rúa, afecta á concentración. A eficacia non é a mesma".
Unha situación extraordinaria que obriga a adaptar a rutina.
Paula González, prepara oposicións a policía local: "Teño unha rutina marcada. Tempo para formación física, para lecer e para estudar".
Máis que o confinamento en si, aféctalles a incerteza por non saberen cando se van examinar.