CRTVG

Buscar

Os que lograron vez para a vacina coa autocita din que non foi labor doado

Publicado o 07/08/2021 20:24

Abel Pena ten 16 anos e logrou apuntarse na primeira convocatoria de autocitas que abriu a Xunta para vacinar adolescentes. "Intentei coller cita xa ese día ás doce da noite, pero non puiden, porque a páxina non funcionaba. Ao día seguinte erguinme cedo, ás oito, e tenteino ata as dez ou así, e ao final conseguín a cita e xa me puxeron a primeira dose da vacina. Agora estou esperando pola segunda", explícanos.

Abel quería sobre todo poder visitar a avoa con maior seguridade. Hoxe foi seu pai quen pelexou co sistema ata sacar tamén cita para a filla que ten estudando fóra. "A verdade é que isto da autocita é unha loita dura. Houbo que madrugar. Empecei ás oito e media, ás nove menos dez minutos xa se quedou a páxina colgada e toda a mañá, móvil, ordenador, móvil, ordenador. Conseguiuno á unha e algo", conta o pai.

Mentres Abel espera pola segunda dose, a súa irmá recibirá a primeira a semana que vén.

Noticias web

07/08/2021