CRTVG

Buscar

Nodeirinho, a zona cero da traxedia, desolado

Publicado o 19/06/2017 19:00

A desolación acompáñanos camiño de Nodeirinho, unha pequena aldea convertida na zona cero da traxedia. Perdeu doce dos seus 35 habitantes. Hai un drama familiar en cada casa.

"Foi a mala sorte, foi a calor, había xente aquí, morreron unhas doce. Teño un fillo que non sei del, e o meu cuñado morreu alí arriba".

"Tres da miña familia, curmáns, morreron queimados. Queimados non, sufocados polo fume. Porque isto foi unha especie de tornado con moita calor".

"Sobreviviron os que se pecharon na casa. Aos que intentaron saír no coche atrapounos a todos o lume"
Noutra aldea próxima, en Figueiró dos Vinhos os veciños loitaron sós durante horas contra o avance das lapas.

"Sen apoio dos bombeiros, sen apoio de nada. Cunha mangueiriña, coa auga da rede".

"Nunca vin unha situación así. Tanto era para a esquerda como para a dereita, para o sur como para o norte. Ardía para todas partes".

Malia as perdas, o trauma e o cansazo resístense a deixar as súas casas e vilas, casas e vilas rodeadas de desolación por moito tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017