Os pulmóns da maioría dos pacientes graves por covid−19 mostran unha boa recuperación
Un estudo da Universidade de Nimega, nos Países Baixos, revela que tres meses despois de superar o coronavirus, os pulmóns dos pacientes graves mostran maioritariamente unha boa recuperación.
As secuelas máis habituais son fatiga, dificultade para respirar e dor de peito. O estudo realizado por investigadores da Universidade de Nimega incluíu 134 pacientes que se recuperaron despois de sufrir unha infección aguda por covid−19.
Despois de sometelos a varias probas, os resultados finais revelaron que transcorridos tres meses o tecido dos pulmóns dos pacientes recuperábase satisfactoriamente. "Moitos pacientes recupéranse sen problemas, pero hai unha serie de pacientes que non se sabe moi ben por que pero evolucionan máis lentamente e probablemente sea xente que sofre unha fibrose tras unha pneumonía grave, moi grave, e que estiveron na UCI moito tempo entubados".
O estudo revelou tamén que as secuelas máis frecuentes, tres meses despois de superar a enfermidade, son fatiga, dificultade para respirar e dor de peito."Todo depende un pouco tamén da idade e das comorbilidades asociadas deses pacientes; a maior idade, pois, o pulmón xa é máis vello e as posibilidades de recuperación van ser menores".
Os participantes nesta investigación foron divididos en tres grupos, conforme ingresasen nunha UCI ou noutra dependencia dun hospital ou se foron tratados na casa.