CRTVG

Buscar

Os psicólogos recomendan explicarlle a situación ao neno para que poida gozar do paseo e evitarlle pasar medo

Publicado o 25/04/2020 14:31

Despois de semanas de encerro obrigatorio, o primeiro contacto do neno co exterior vai precisar, segundo os psicólogos, dalgunhas recomendacións.

Levan semanas escoitando que o perigo está fóra e obrigados a quedar na casa. Agora que chega o momento en que se permite saír, os nenos poden ter dúbidas e medos.

Hai que explicárllelo. Poden ter medo a contaxiarse, a contaxiar os seus seres queridos e pode xerarlles medo, ansiedade e estrés" -di Hipólito Puente Carracedo- vicedecano do Colexio de Psicólogos de Galicia.

Para evitar que o esperado paseo se converta nun suplicio, os psicólogos recoméndanlles aos pais que expliquen a situación con claridade e cunha linguaxe adapatada á idade do menor. Deben saber que o paseo ten límites

Os pais teñen que mostrarse alegres, tranquilos vendo que é unha oportunidade para relaxarse", apunta Puente Carracedo.

Advirte ademais "que se o menor non quere saír non se debe ver forzado a facelo. Pouco a pouco irán cambiando de actitude pero non se pode forzar a situación".

Noticias web

25/04/2020