Os psicólogos din que o medo a saír da casa é unha reacción "lóxica e normal"
A metade da poboación afronta con medo estas primeiras saídas da casa, segundo un estudo da Universidade Europea. Os psicólogos envían unha mensaxe de tranquilidade, consideran que é lóxico sentir algún temor neste momento no que empezamos a recuperar a liberdade.
"Son lóxicos e entendibles, porque estamos nunha situación nova e coma calquera situación nova xera este tipo de reaccións", asegura a psicóloga Almudena Campos.
Convida a asumir a preocupación como algo normal, que mesmo pode ser saudable para nós.
"Estes medos funcionan como certa protección para nós".
Recomenda aproveitar os paseos para adaptarse pouco a pouco á normalidade futura, comezando por saídas de pouco tempo.
Con todo, Almudena Campos di que se o malestar é continuo e interfire na vida cotia é bo momento para pedir axuda a un profesional.