CRTVG

Buscar

Os psicólogos aconsellan que os pais sexan "modelo" para os cativos durante o paseo

Publicado o 26/04/2020 14:45

Superar a tentación de xogar na area ou pasar por diante dun tobogán sen subir nel din os psicólogos que será máis doado se as normas están claras con antelación.

Pero, amais de ofrecer toda a información, a clave para un paseo óptimo radica, segundo os expertos, no exemplo que o adulto dea na rúa.

"Hai unhas recomendacións por parte dos organismos nacionais e temos que determinar cales imos usar e intentar que nós sexamos modelos para eles; se ao final decidimos que os nenos saian con luvas ou máscara, nós tamén debemos levalos", sinala Pilar Conde.

Consideran fundamental que o adulto transmita seguridade e tranquilidade, especialmente se o neno ten algun reparo en saír.

"Podemos empezar mirando pola ventá para que vexa que hai nenos na rúa cos seus pais e non sucede nada; podemos pedir a algún amigo que nos mande un vídeo con nenos na rúa, e despois saír de maneira progresiva", apunta Conde.

E lémbranos que debemos manter a calma se e o pequeno toca algún obxecto. Un xel para lavar as mans vai ser máis útil que un enfado.

Noticias web

26/04/2020