CRTVG

Buscar

Os protocolos de rastrexo detectan cinco casos máis nunha empresa de Lalín

Publicado o 06/09/2020 21:26

Ao gromo de Lalín hai que sumarlle cinco positivos máis que se coñeceron esta tarde. Existen 50 casos activos agora mesmo. Os novos positivos son cinco traballadores dunha empresa, que pechou. Séguense os protocolos correspondentes de rastrexo de contactos e illamento.

Este gromo que sofre Lalín é o cuarto dende o inicio da pandemia. Os casos coñecidos nos últimos días foron detectados nun bar da localidade e tamén na casa do concello; de feito, hai dous edís que deron positivo.

 

Noticias web

06/09/2020