CRTVG

Buscar

Os propietarios teñen ata o 31 de maio para rozar os seus terreos

Publicado o 16/04/2019 15:51

A normativa establece unha faixa de seguridade obrigatoria de 50 metros entre as plantacións e as vivendas.

Os primeiros 15 metros teñen que estar libres de biomasa. Entre os 15 e os 50 metros só poderá haber plantacións de frondosas caducifolias como poden ser os castiñeiros. Os piñeiros e eucaliptos só se poden plantar a máis de 50 metros das casas, por ser as especies que mais facilmente progagan o lume.

A lei tamén obriga a limpar de vexetación unha faixa de seguridade de dez metros entre as estradas e as plantacións. O obxectivo destas devasas é frear o avance do lume, se se produce, facilitar a súa extinción e e, sobre todo, protexer mellor as persoas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019