Deberase manter rozada unha franxa de 50 metros entre as casas e as plantacións
A mellor maneira de previr os incendios é manter o monte limpo e respectar as distancias de seguridade que marca a lei. Os propietarios forestais teñen ata o 31 de maio para cumprir coas seguintes obrigas:
Débese manter limpa de biomasa, rozada, unha franxa de 50 metros entre as vivendas e as plantacións de eucaliptos ou piñeiros.
Nos 15 primeiros metros non pode haber nin mato, nin plantacións.
Dos 15 aos 50 metros só se poden plantar as frondosas que marca a lei, como castiñeiros ou carballos.
Dos 50 metros en diante xa se pode plantar o resto das especies.
Canto ás estradas e vías do tren, a lei establece unha distancia de 10 metros libres de matogueira.
Nos primeiros 4 metros non pode haber plantacións.
Dos 4 aos 10 só poden plantarse as frondosas caducifolias autorizadas.
A partir deses 10 metros xa se poderían facer plantacións de eucaliptos ou piñeiros.
300 escolares plantan unha árbore para reforestar o monte
O director xeral de Montes destaca a importancia desa concienciación na loita contra os incendios. Di que ten que ir parella coa prevención e anima a denunciar.