CRTVG

Buscar

Os promotores do centro comercial Porto Cabral intentan reactivar o proxecto

Publicado o 21/11/2019 15:17
Os promotores do centro comercial Porto Cabral intentan reactivar o proxecto

Os promotores do centro comercial Porto Cabral solicitaron hoxe no Concello de Vigo a tramitación do proxecto a través da ordenación provisional. O complexo, situado en terreos da comunidade de montes de Cabral e valorado en 800 millóns de euros, quedou paralizado trasa anulación do Plan xeral por parte do Tribunal Supremo.

Os impulsores amosaron imaxes dun proxeto que empezarán a construír en Torremolinos. Tamén presentaron estudos que revelan que o 51% dos vigueses mercan online e que gastan máis de 53 millóns de euros noutras cidades, sobre todo, A Coruña e O Porto.

Noticias web

21/11/2019