CRTVG

Buscar

Os programas de reinserción dos menores que cometeron agresións sexuais reducen nun 15 por cento a reincidencia

Publicado o 27/07/2019 17:31

Os delitos contra a liberdade sexual cometidos por menores aumentaron en Galicia máis dun 30 por cento o ano pasado. Os psicólogos destacan a importancia dos programas de reinserción, que fan que o nivel de reincidencia neste tipo de delitos sexa moi baixo. 

As situacións de abandono, a baixa autoestima, o illamento social e o consumo de drogas e alcohol son algúns dos factores de risco que están detrás das agresións sexuais cometidas por menores. O traballo de reinserción centráse sobre todo en cambiar ideas sobre a sexualidade e en fomentar a empatía

Marián Martínez, psicóloga e criminóloga: "Trabállase moito a empatía cara a vítima, que sexan conscientes do dano que causaron, non só á súa vítima directa, senón tamén ás persoas próximas a ela. Trabállase o control da violencia, para que non sexa unha estratexia para resolver conflitos"

Os programas de reinserción dos menores que cometeron agresións sexuais conseguen reducir nun 15 por cento o nivel de reincidencia.

Marián Martínez, psicóloga:"Tamén hai que ter en conta que a taxa de reincidencia como grupo é baixa, e que a reincidencia que pode quedar despois da intervención, situariamola entre un 5 e un 10 por cento"

Os delitos contra a liberdade sexual cometidos por menores en Galicia aumentaron un 30 por cento o ano pasado, segundo os datos da Fiscalia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019