CRTVG

Buscar

Os profesores interinos cobrarán os meses de verán aínda que sexan despedidos en xuño

Publicado o 13/06/2018 21:05

Os profesores interinos non universitarios cobrarán durante os meses de verán. Unha sentenza do Tribunal Supremo pon fin a unha práctica moi habitual no ensino, de despedir ao profesorado non fixo a final de curso.

O Alto Tribunal atende así a un recurso de docentes interinos, que alegaban unha diferenza de trato arbitraria entre funcionarios interinos e de carreira. Deste xeito, tamén cobrarán o correspondente aos meses de verán aínda que sexan despedidos en xuño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018