CRTVG

Buscar

Os profesionais galegos fan campaña contra o acoso nas consultas das fisioterapeutas

Publicado o 24/03/2019 20:35

​O setenta por cento dos fisioterapeutas recoñecen que sufriron situacións de acoso cando traballan. Casos que veñen denunciando a través das redes sociais.

Traballa como fisioterapeuta e polo seu oficio ten contacto directo co cliente, un contacto que a veces algúns malinterpretan e que acaba en ofensa para o profesional.

É case que o día a día de moitos profesionais. Sete de cada dez fisioterapeutas confesa que sufriu acoso sexual, abuso ou discriminación no traballo. Situacións anómalas en que moitos se viron reflectidos cando Bibiana decidiu publicar en Twitter unha viñeta a modo de denuncia pública. Deu comezo así a un movemento que deseguida obtivo gran repercusión nas redes sociais.

O Colexio de Fisioterapeutas puxo en marcha unha campaña e organiza varias charlas, pero o problema de acoso semella difícil de atallar. Cuestión de educación e de respecto que moitos esquecen cando se atopan a soas entre catro paredes cun fisioterapeuta. Ademais, resulta complicado conseguir probas do acoso sufrido. Recoñecen que ás veces traballan con medo.

Noticias web

24/03/2019