CRTVG

Buscar

Os profesionais avisan dos efectos negativos que terían as peaxes no sector en Galicia

Publicado o 13/08/2019 21:02

Esta proposta de Fomento levantou as criticas dos transportistas. Os profesionais avisan dos efectos negativos que terían as peaxes no sector en Galicia, sumado aos custos elevados que soportan.

Os profesionais do transporte non comprenden esta nova proposta do goberno. Dende a federación galega de transporte por mercadorías sinalan que a posta en marcha das peaxes das autovías prexudicaría gravemente ás empresas galegas.

empresarios indican que unha medida así non axudaría a un sector que afronta a suba dos prezos dos combustibles e a posición xeográfica de Galicia con respecto ao resto de Europa.

O goberno non concretou como se aplicaría esta nova medida.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019