CRTVG

Buscar

Os produtos lácteos e o leite deberán incluir o país de procedencia

Publicado o 22/01/2019 18:30

O novo etiquetado terá que incluír tanto o país de muxidura como o de transformación. No caso de que coincida, indicarase o lugar tras a mención "orixe do leite".

Con esta medida, a industria espera que aumente o consumo de produtos lácteos en España. Cúmprese así un real decreto que regulará durante os próximos dous anos a indicación obrigatoria da procedencia do leite. Os produtos teñen que incluír na etiquetaxe tanto o país onde o leite foi muxido como o país onde foi transformado. Ademáis de ao leite, a norma aféctalle ao resto de produtos lácteos, o iogur, a nata, o queixo e a manteiga. O sector asegura que se cumpre unha demanda dos consumidores que desta forma terán unha información máis precisa sobre o que están a comprar.

 

De forma voluntaria, a industria poderá ofrecer información máis precisa mediante o nome dunha rexión ou un territorio. A orixe aparecerá na etiqueta co mesmo tamaño e a mesma cor que o resto de referencias. O sector mantén que esta información achegará tranquiliade ao consumidor.


Unha maior información que o sector agarda, poida favorecer un incremento das vendas.




 

Noticias web

22/01/2019