CRTVG

Buscar

Os produtores de sidra da Estrada prevén recoller máis dun millón de quilos de mazá

Publicado o 05/09/2019 19:42

Os produtores de sidra da Estrada comezan os preparativos para a recollida da mazá. As expectativas son boas. A pouco que chova, nos próximos días prevén recoller máis dun millón de quilos das distintas variedades.

O cultivo da mazá forma parte da tradición da Estrada. Mais de 60 produtores da zona agrúpanse na cooperativa Ullama, e estes dias ultiman os preparativos para empezar a recoller as variedades de maduración máis temperá. As expectativas son boas.

Cultivan unha ducia de variedades para elaborar sidra. Todas da Denominación de Orixe Asturias, pero agora están en plena reconversión para recuperar variedades autóctonas.

A cooperativa Ullama supera as 100 hectáreas de produción ecolóxica e vai a máis. E é que o cultivo da mazá na Estrada deixou de ser unha tradición para converterse en industria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019