CRTVG

Buscar

Os produtores de pataca de Coristanco cualifican a campaña de "excelente"

Publicado o 07/10/2019 14:01

A meteoroloxía condicionou este ano a semente da pataca en Coristanco, por iso a día de hoxe aínda está por apañar o 20 por cento da produción. Aínda así, desde a Asociación de produtores amósanse satisfeitos coa campaña.

Os produtores de patata Coristanco priorizan a calidade fronte á cantidade e optan pola variedade Kennebeck, de pel fina e moi consistente, que é a que mellor se adapta ao terreo, cunha produción de 22.000 quilos por hectárea.

Ás características do terreo súmase a meteoroloxía, que permite tela almacenada 15 días antes da súa selección para a distribución.

Malia que unha parte se vende a por maior, a maioria dos pequenos produtores centra a venda en particulares con prezos que roldan o euro con 15 céntimos o quilo de pataca.

Desde a asociación traballan agora por acadar unha "marca de garantía" que lles permita controlar a súa trazabilidade e poder garantir ao consumidor que esta a mercar pataca de Coristanco.

Noticias web

07/10/2019