Os produtores da IXP Faba de Lourenzá poderán sementar Faba Galaica rexistrada
Publicado o 27/02/2019 15:29
A entrega deste saco de legumes supón un paso histórico para os produtores de faba de Lourenzá. Despois de 20 anos de selección e estudo, os científicos poñen en mans do sector semente rexistrada e libre de pragas da variedade Galaica.
O CSIC transfírelle en exclusiva as sementes á Cooperativa Terras da Mariña. Eles encargaranse de multiplicalas e vendelas aos produtores da IXP Faba de Lourenzá.
Nos campos de ensaio estas sementes amosaron a súa adaptación e resistencia a enfermidades, un altísimo índice de nascencia e un excelente comportamento na cocción. Características das que, seguro, saberán quitar partido os produtores da Faba de Lourenzá.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49