CRTVG

Buscar

Os problemas na formación do xurado adían o xuízo polo crime de Ana Enjamio

Publicado o 08/11/2019 12:28

Tal e como pasou no xuízo de Diana Quer, no de Ana Enjamio tamén está habendo problemas para conformar o xurado popular. A Audiencia Provincial de Pontevedra tivo que volver repetir o sorteo e buscar 17 novos candidatos para formar parte do tribunal. Da primeira selección, a metade renunciou por causas diversas.

Está previsto que o xuízo polo asasinato da enxeñeira viguesa de 25 anos comece o xoves da semana que vén. A fiscalía pide 27 anos de prisión para o único procesado, César Adrio, con quen traballaba a vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019