CRTVG

Buscar

Os problemas cardíacos en menores de 40 anos non son tan infrecuentes como se pensa

Publicado o 04/05/2019 13:23

c

Unha das noticias que abriu os informativos deportivos esta semana, pero tamén transcendeu aos contidos da actualidade xeral: o mércores pola tarde sabiamos que Iker Casillas estaba ingresado nun hospital do Porto, onde fora intervido de urxencia a causa dun infarto agudo de miocardio que lle dera cando se estaba adestrando co seu equipo.

Unha vez estabilizado, el mesmo tranquilizou os seus seguidores, cunha foto nas redes sociais, pero ábrense moitos interrogantes, sobre o futuro da súa carreira, pero tamén sobre as causas para ter unha doenza deste tipo sendo deportista e con tan só 37 anos. Disto imos falar con Ramiro Trillo, cardiólogo do CHUS

Noticias web

04/05/2019