Os primeiros profesores menores de 55 anos xa están vacinados
Publicado o 23/02/2021 11:34
Esta mañá comezaron a vacinar aos primeiros mestres de primaria e secundaria. En Pontevedra estase a realizar no hospital Montecelo. Os docentes foron citados a través dunha mensaxe ao seu teléfono móbil.
Raquel dá un ciclo de formación en secundaria e onte chegoulle unha mensaxe cunha cita para acudir a vacinarse. Foi toda unha sorpresa para ela porque non contaba con recibir aínda a primeira dose.
Os menores de 55 anos reciben a vacina de AstraZeneca, mentres que aos maiores subministraráselles a de Pfizer.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 12:57
08/03/2021 12:56