CRTVG

Buscar

Os primeiros Homo sapiens sapiens xurdiron no sur de África

Publicado o 29/10/2019 14:51
Os primeiros Homo sapiens sapiens xurdiron no sur de África

Un estudo conclúe que os primeiros Homo sapiens sapiens, antepasados dos humanos anatomicamente modernos, xurdiron no sur de África e prosperaron alí durante 70.000 anos.

A profesora Vanessa Hayes, do Instituto Garvan de Investigación Médica e da Universidade de Sydney, explica que durante un tempo estivo claro que os humanos anatomicamente modernos apareceron en África hai aproximadamente 200.000 anos, pero que o que se debateu durante moito tempo foi a localización exacta desta aparición e a posterior dispersión dos nosos primeiros antepasados. Hoxe pódese falar de que o Homo sapiens sapiens xurdiu ao sur da cunca do gran río Zambeze, que inclúe toda a extensión do norte de Botsuana ata Namibia e Zimbabwe ao leste. 

Os científicos que estudaron o tema recolleron mostras de sangue en Namibia e Suráfrica para establecer un catálogo integral dos primeiros mitoxenomas de humanos modernos da chamada liñaxe L0, o que lles permitiu descubrir subrramas L0 novas e raras. Os investigadores cren que os cambios no clima de África desencadearon as primeiras exploracións humanas, que iniciaron o desenvolvemento da diversidade xenética, ética e cultural dos humanos.