Os primeiros en examinarse foron os que optan ás prazas reservadas para discapacitados
As 360 prazas de celador que se ofertan esta mañá nestas oposicións do Servizo Galego de Saúde súmanse ás trinta que saíron a concurso onte para discapacitados intelectuais. Nesta segunda quenda con 10.500 opositores hai varios tipos de acceso.
Total Jesús Vázquez Almuíña. Conselleiro de sanidade: "Hai acceso libre, hai promoción interna e discapacidade xeral. O que estamos facendo nos últimos anos é crear unha oferta de emprego pública moi ampla en todas as categorías porque ao final do proceso, no ano 2020 porque así o establecemos como fin, queremos ter unha eventualidade mínima no SERGAS do 5%"
Durante a súa visita ao recinto feiral de Silleda, sede das oposicións en Galicia desde hai uns vinte anos, o conselleiro de Sanidade anunciou que se celebrará no videiro mes de maio o concurso oposición para a categoría de enfermería no que se ofertarán 800 prazas.