Os prezos subiron na Arxentina un 53,8% en 2019
2019 xa é o ano con maior inflación na Arxentina dende 1991. O Instituto Nacional de Estatística revelou unha suba anual dos prezos do 53,8%, unha cifra que recorda o proceso de hiperinflación de principios dos 90.
Arxentina é o terceiro país con maior inflación do mundo, por detrás de Venezuela e Zimbaue, un mal que se remonta varias décadas na historia do país.
"A inflación é un mal que ten A Arxentina desde hai más de 50 anos. Lamentablemente, as políticas non axudaron a poder baixar este tipo de índices".
Alimentos e bebidas son, cun 56,8 %, unha das categorías que experimentou unha maior suba.
"Séntese no cotián, no consumo, perdeuse o hábito de ir comer fóra, o hábito de ir a un teatro ou a un cine".
Combater este fenómeno é un dos principais obxectivos do novo Goberno de Alberto Fernández, que suma un mes no poder.