CRTVG

Buscar

Os prezos dos combustibles son, esta Semana Santa, os máis altos dende 2014

Publicado o 18/04/2019 14:55

Co inicio da ponte festiva increméntase os desprazamentos por estrada, e case de xeito automático, sobe o prezo do gasóleo e da gasolina. En España o prezo medio da gasolina supera o euro con trinta céntimos, a cifra máis alta dos últimos cinco anos. No caso do gasóleo o prezo medio do litro sitúase no euro con vinte e tres céntimos, o prezo máis alto dende 2014.Din os usuarios que un depósito cheo ao mellor antes custaba 55 euros e hoxe precisaban 70, quince euros máis. 


Aquí en Galicia o litro de gasóleo está este xoves santo a un prezo medio dun euro con vinteoito céntimos e o de gasolina a 1,35. Con estes prezos, cada vez son máis os usuarios que prefiren repostar nas gasolineiras de baixo custo. A diferenza de prezo nalgúns casos chega case aos vinte céntimos por litro.

Con todo, hai quen non quere repostar neste tipo de establecementos porque prefiren que os atenda un empregado e non saben se empregan os mesmos aditivos.

Á suba de prezos da Semana Santa súmase ao incremento dos últimos meses. Encher o depósito dun turismo custa uns seis euros máis que a comezos deste ano.

Noticias web

18/04/2019