CRTVG

Buscar

Os prezos dos carburantes continúan á alza

Publicado o 11/02/2021 16:54

Os prezos da gasolina e do gasóleo non deixan de subir desde que hai tres meses. Daquela Pfizer anunciara que a súa vacina tiña unha efectividade do 95 %. O barril de petróleo estaba entón nos 44 dólares e onte chegou a case 60.

Isto provocou unha suba constante dos prezos dos carburantes, de ata un 7,5 % no caso da gasolina e dun 9,3 % no gasóleo. Habería que remontarse ao mes de maio pasado, en plena primeira vaga da pandemia, para ver, por exemplo, o litro de gasóleo por debaixo do euro.

Noticias web

11/02/2021