CRTVG

Buscar

Os presupostos non contarán con cheque bebé nin ampliarán o permiso de paternidade

Publicado o 07/10/2021 14:18

Son dúas das grandes reivindicacións de Unidas Podemos que estiveron enriba da mesa durante a negociación entre os socios da coalición. Finalmente quedaron fóra do acordo porque non foron admitidas polos socialistas.

Polo tanto, o Cheque Bebé queda sen partida nos orzamentos. A medida contemplaba unha prestación por fillo ata os tres anos de idade de 1.200 euros anuais e de xeito universal. Os expertos poñen en dúbida a súa eficacia para o fomento da natalidade e optan por outro tipo de medidas.

Outra das esixencias á que tivo que renunciar a formación morada foi o aumento dos catro meses actuais a seis nos permisos de maternidade e paternidade.

Os socialistas tamén deixaron fóra do borrador das contas públicas esta medida, que suporía unha partida de 1.400 millóns de euros.

Noticias web

07/10/2021