Os presupostos e Cataluña acaparan a última sesión de control no Senado
Hoxe foi a última sesión de control ao Goberno no Senado e xa en clave electoral. Precisamente, os comicios, a falta de apoio aos presupostos e a situación de Cataluña acapararon o debate entre Pedro Sánchez e o senadores.
Expectación ante a chegada de Pedro Sánchez á sesión de control ao Goberno do Senado. Era a derradeira da lexislatura e a primeira tras o anuncio das eleccións. Precisamente, dos comicios falouse, e moito, na sesión. Sanchez boutoulle en cara a Esquerra que tombaran os presupostos. Foi despois de que os catalanás o acusaran de romper o diálogo de forma unilateral.
A negociación cos independentistas e as eleccións tamén acapararon o debate entre o presidente do Goberno e o voceiro do PP.
Ao presidente do Goberno as críticas tamén lle chegaron de Unidos Podemos por "tirar a toalla cos presupostos". Sánchez respondeu que entendía que, agora, xa, en precampaña electoral, os que foran socios seus tomasen distancia.
Polo demais, os aplausos e os apupos foron dunha bancada a outra do hemiciclo en función de quen inteviña. O presidente da cámara alta tivo que pedir silencio en varias ocasións. Pío García Escudero acabou chamándolles a atención ás señorías polo balbordo formado cando o presiente de Goberno marchaba da sesión.