CRTVG

Buscar

Os presupostos chegan ao Congreso para o seu trámite parlamentario

Publicado o 14/01/2019 11:23

Ás dez da mañá, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, entrega no Congreso as contas públicas elaboradas polo Goberno de Sánchez para que inicien o seu tramite parlamentario. Unhas contas que, como consecuencia do veto dos populares do Senado, terán 6.000 millóns de euros menos dispoñibles e -avisa a ministra de Economía-, están feitas sobre unha previsión de crecemento menor do previsto inicialmente. Aínda así, o Goberno socialista preséntaas como unha oportunidade para reverter os recortes e recuperar dereitos e servizos a través dun maior gasto social.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Despois de sete anos de inxustiza social, os españois non entenderán que a oposición, e aí incorporo tamén o PP e Ciudadanos, voten en contra duns presupostos sociais que non deixan ninguén atrás. Por iso, a PP e a Ciudadanos tamén lle pide ou que se absteñan ou que voten a favor duns presupostos en favor da maioría deste país".

Aumenta o investimento para os servizos públicos básicos, e o PP critica que o faga grazas a unha recadación tributaria récord.

Pablo Casado, presidente do PP: "O que presenta é un cadro de volver ao zapaterismo. Dunha suba masiva de impostos, dunha suba da gastos absolutamente irresponsable".

A ministra de Facenda di que non renuncia a que PP e Ciudadanos desbloqueen na Mesa do Congreso o veto do Senado aos 6.000 millóns extra, unha nova senda de déficit que si recibiu o apoio dos grupos cataláns. Pero ERC e PdeCat avisan de que iso non supón o apopio ás contas. A executiva dun PdeCat fracturado reúnese hoxe con Puigdemont en Waterloo para falar entre outros asuntos, do apoio ou non das contas públicas.

Noticias web

14/01/2019