CRTVG

Buscar

Os presos do 'procés' seguirán o confinamento dende o cárcere

Publicado o 02/04/2020 16:04
Os presos do 'procés' seguirán o confinamento dende o cárcere

Os políticos independentistas presos seguirán o confinamento nas prisións onde cumpren condena, despois de que as xuntas de tratamento dos cárceres lles denegaran o permiso para pasar a corentena nas súas casas. Candomenos quince presos de segundo grao que tiñan saídas permitidas polo artigo 100.2 si puideron facelo.

O martes, a Generalitat anunciaba que analizaría fisuras legais para poder acordar o confinamento domiciliario de presos co devandito artigo, tras o que o Supremo advertiu dun posible delito de prevaricación por parte dos funcionarios se se enviaba á casa os líderes do 'procés'.