CRTVG

Buscar

Os presidentes das confrarías de Ferrol e Viveiro: "A xuventude apoia a tradición do pobo"

Publicado o 27/03/2018 10:05

Hoxe no tempo da entrevista falamos da Semana Santa, en concreto dos actos en dúas cidades galegas: Ferrol e Viveiro. Falamos con César Carreño, presidente das confrarías de Ferrol, e con Xosé Veiga, presidente das confrarías de Viveiro. 

Semana Santa en Ferrol

"O primeiro documento escrito que temos é de 1616, pero seguro que a presenza da Semana Santa en Ferrol é do século XIV. A Semana Santa en Ferrol ten futuro". "A xuventude respalda a tradición do pobo". 

"Esta semana pasan por Ferrol preto de 300.000 persoas". 

"En Ferrol a muller incorporouse con normalidade. Temos o primeiro paso portado totalmente por mulleres de España". 

"Temos anécdotas de xente que non é crente pero que vai ver determinada imaxe porque lle impacta". 

"Que a xente non perda as procesións en Ferrol dende o mércores ao sábado". 

Semana Santa en Viveiro

"O tempo inflúe moito. Temos todo preparado para que a xente poida gozar da nosa imaxinería aínda que estea mal tempo". 

"No século XIII comezaron as primeiras confrarías en Viveiro".

"A antigüidade da nosa imaxinería, o valor da zona vella de Viveiro, o encontro son cousas que só se poden ver en Viveiro". 

"Séguese mantendo o carácter relixioso, pero a xente vén un pouco a todo".  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2018