CRTVG

Buscar

Os presidentes autonómicos tamén pediron a implicación activa dos cidadáns

Publicado o 29/04/2019 02:29

Os presidentes autonómicos tamén chamaban hoxe á participación O titular da Generalitat, Quim Torra, votou en Barcelona e sinalou importancia duns comicios que considera "cruciais" en clave catalá. "Fago unha chamada a toda a cidadanía catalá a votar, a votar masivamente. Os cataláns, cando hai urnas, votamos e polo tanto sabemos o que hai en xogo. Son unhas eleccións cruciais para Cataluña, para o futuro de Cataluña", indicou Torra.

O presidente vasco, Iñigo Urkullu, depositou o voto na localidade biscaíña de Durango e puxo unha nota de contido social: "O meu desexo é que o día de hoxe sexa un día no que as cidadás e os cidadáns, exercendo o seu voto, poidan axudar a profundizar na democracia e avanzar na xustiza social".

Desde Málaga, o presidente da comunidade con máis habitantes, a andaluza, Juanma Moreno, salientaba que é "fundamental" a implicación dos cidadáns: "O único que non poden facer é quedar na casa, na cadeira, vendo como decidimos entre os demais o futuro do noso país e, en definitiva, tamén o futuro seu e o da súa familia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019