CRTVG

Buscar

Preparativos con moitas restricións antes de acudir á escola

Publicado o 10/09/2020 08:35

Bota a andar un novo curso, entre hoxe e mañá volven ás aulas 200.000 nenos e nenas galegas despois dunha parada insólita de seis meses. Imos ata a casa de Carla para ver como se arranxa para o regreso.

Preguntada polos protocolos, Yolanda, a nai de Carla, di que se puxeron en contacto con eles vía telemática e que os "informaron detalladamente".

Recoméndanlles que non leven mochila, senón unha bolsa coa merenda. A pesar de que Carla non está obrigada a levar máscara, pola súa idade, si que lles dixeron que "se a ten, ten que tela todo o día e non pode sacala".

Tamén engade Yolanda unha muda extra, xunto con outro par de zapatos, xa que realizarán parte das actividades fóra.

Carla xa repasou coa súa nai os aspectos máis importantes do seu regreso. Ten ganas de volver e aproveita para mandar un saúdo aos seus compañeiros. 

Noticias web

10/09/2020